viernes, 6 de abril de 2018

Marisqueo a pé


O marisqueo na ría de Betanzos é unha das imaxes máis características do noso municipio nas parroquias de Santa María de Souto e San Pantaleón das Viñas. 
Hoxe achegámosvos unha instantánea  dos mariscadores a pé, modalidade na que os bivalvos son extraídos  da area con ferramentas como o sacho, a rañica ou o fouciño.
Existen diferentes modalidades de traballo relativas ao marisqueo a pé, cando este se leva a cabo en marea baixa nas praias-zona intermareal é coñecido como “en seco”, se o marisqueo se realiza dentro da auga-zona submareal, (podendo os mariscadores estar cubertos ata o peito), denomínase “mollado”, existindo ase mesmo unha modalidade mixta.

                                Mariscadores a pé no Pedrido
Fonte: Concello de Paderne

Este espazo onde a auga salgada do mar e a auga doce do río se mesturan da lugar a un ecosistema de gran valor ecolóxico, o que permitiu a súa catalogación como espazo natural protexido dentro da Rede Natura 2000 e a súa declaración como  LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) Betanzos – Mandeo.
Non dubidedes en visitar a exposición sobre as diferentes modalidades de marisqueo dos Padernenses ao longo do tempo no primeiro andar da Aula da Ría en Chantada!

No hay comentarios:

Publicar un comentario