venres, 21 de outubro de 2011

Estamos a recuperar fotografías antigas e nomes relacionados coa Ría de Betanzos, PARTICIPA!






Fotografías e toponimia da Ría de Betanzos 

Coa intención de evitar a perda do patrimonio inmaterial que nos rodea, estamos a traballar na recopilación de fotografías antigas e toponimia da ría de Betanzos......a que esperar para participar?




 
 

A Aula da Ría, vai collendo forma.



A Aula da Ría de Betanzos (Chantada-Paderne).
Este proxecto promovido polo Concello de Paderne   ao abeiro dos plans estratéxicos zonais (PEZ) , as axudas convocadas pola Consellería do Mar no marco do eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca (FEP) 2007-2013.
Consta das seguintes actuacións:
·         Creación Aula da ría de Betanzos nunha antiga escola, no lugar de Chantada (Souto-Paderne).
·         Elaboración dunha unidade didáctica para Educación Infantil e Primaria sobre a Ría de Betanzos.
·         Organización dun consurso para recopilar a toponimia da Ría de Betanzos.
·         Organización dunha exposición con fotografías antigas do patrimonio fotográfico dos veciños pertencentes aos Concellos integrantes do Golfo Ártabro.
·         Creación dun blogue da “aula da Ría de Betanzos” para informar das actuacións e posibilitar a participación dos veciños.

A aula da Ría é un proxecto de todos. Da nosa memoria. Dos nosos recordos. Para todo isto, precisamos da túa colaboración. Se estas interesado en participar, agradecemos te poñas en contacto co Concello de Paderne.


Máis información: correo@paderne.dicoruna.es