Estas son algunhas fotos dunha visita realizada esta semana á Aula da Ría. Como sempre, convidamos a todo o mundo a que nos visite!
A Aula da Ría ten como fin fomentar os valores culturais e naturais asociados á ría de Betanzos, difundir o patrimonio marítimo e a cultura mariñeira e facer partícipes aos veciños dunha infraestrutura municipal que debe consolidarse como lugar de referencia para o coñecemento dos valores patrimoniais, naturais e ambientais do Concello de Paderne.
venres, 28 de novembro de 2014
martes, 25 de novembro de 2014
Para mañá mércores, temos programada unha nova visita á Aula da Ría, desta vez de última hora, na que voltaremos mostrar o espacio dedicado ao noso entorno mariño; e se a climatoloxía o permite, acercarémonos a visitar os muíños restaurados en Chantada e o observatorio ornitolóxico. A visita está programada a partir das 10h 30, e lembramos que quen queira pode unirse ao grupo que xa está confirmado, ou visitarnos calquera outro día.
venres, 14 de novembro de 2014
¡Novo evento! A Aula da Ría de Paderne volve abrir as súas portas para
achegar a cultura mariñeira aos nosos veciños e para se convertir nun lugar de encontro
e divulgación dos oficios e da historia relacionados con ela.
Queremos convidarvos a que veñades o próximo luns 17 a
partir das 11 da mañá para coñecer a
Aula, e compartir experiencias ou recordos sobre o entorno da Ría.
O local está situado en Chantada, na parroquia de Souto,
onde antes era a antiga escola.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)