martes, 25 de noviembre de 2014

Para mañá mércores, temos programada unha nova visita á Aula da Ría, desta vez de última hora, na que voltaremos mostrar o espacio dedicado ao noso entorno mariño; e se a climatoloxía o permite, acercarémonos a visitar os muíños restaurados en Chantada e o observatorio ornitolóxico. A visita está programada a partir das 10h 30, e lembramos que quen queira pode unirse ao grupo que xa está confirmado, ou visitarnos calquera outro día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario