No núcleo da aldea de Chantada, atopamos varias
casas de tipo mariñán. Adoitan ser pequenas casas de dúas plantas con teito a dúas
augas onde a cor azul dos marcos das fiestras e da porta contrastan co branco
das paredes. Esta casa segue a tipoloxía
das casas de pescadores con balcón balaustrado na primeira planta, o que fai constar
a importancia que tiña o marisqueo na ribeira da ría para esta aldea e a de
Souto.
A Aula da Ría ten como fin fomentar os valores culturais e naturais asociados á ría de Betanzos, difundir o patrimonio marítimo e a cultura mariñeira e facer partícipes aos veciños dunha infraestrutura municipal que debe consolidarse como lugar de referencia para o coñecemento dos valores patrimoniais, naturais e ambientais do Concello de Paderne.
mércores, 14 de novembro de 2018
martes, 30 de outubro de 2018
RUTA DE SENDERISMO CENTRO DE INTERPRETACIÓN AULA DA RÍA E ENTORNO
Mapa da Ruta de Senderismo do Centro de Interpretación Aula da Ría e entorno |
Como xa adiantabamos hai un par de semanas, desde mediados de setembro o Centro de Interpretación Aula da Ría de Paderne estivo a traballar na elaboración dunha ruta de senderismo no entorno na Aula da Ría para poñer en valor parte do patrimonio cultural e natural do Concello de Paderne.
Aquí deixamos una pequena descrición, os datos básicos sobre a ruta de senderismo e varios enlaces onde poder seguila e ler a explicación ou curiosidades dos puntos de interese.
- DESCRICIÓN:
Esta ruta de senderismo promovida polo Centro de Interpretación Aula da
Ría de Paderne e polo Concello de Paderne, pretende ser un recurso para
as persoas interesadas en coñecer o patrimonio natural e cultural do
entorno do Centro de Interpretación Aula da Ría. Nestes 8 km
descubriremos a tradición mariñeira e mariscadora que faise patente nas
casas de tipo mariñán do pobo de Chantada e as embarcacións típicas
utilizadas para estes oficios que atopan na Ribeira de Chantada. Por
outra banda, entenderemos a relación que o pobo tiña coa agricultura,
por medio das terras de semente, muíños e hórreos onde se recollían os
cereais para despois moelos e almacenalos; e coa gandaría, onde destaca O
Potro ou Punto de Inseminación para o gando. Tamén, disfrutaremos da
natureza, da fauna e da flora das marismas da ría de Betanzos, un espazo
protexido pola importancia do seu ecosistema onde destaca o
Oberservatorio Ornitolóxico de Souto; e de un tramo da 3 Etapa do Camiño
de Santiago Inglés cunha vista panorámica da ría de Betanzos.
- DATOS DE INTERESE:
Tipo de ruta: circular
Distancia: 7,71 km
Dificultade: Moderada
Desnivel: 257 m
Altitude
máxima: 142 m
Altitude
mínima: -5 m
Tempo aproximado: 1 h 45 mins
- ENLACES:
Google Maps:
Wikiloc:
Animádevos a facer a ruta e a comentar as vosas impresións neste blog!!
mércores, 24 de outubro de 2018
DESCUBRE UN DOS SEGREDOS DE PADERNE
O Observatorio Ornitolóxico de Souto levouse a cabo dentro do Proxecto Mandeo pola importancia da ría e do seu ecosistema procedeuse á inclusión na Rede Natura 2000 como LIC Betanzos-Mandeo cunha superficie de 864,58 Ha. que abarca os concellos de Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Irixoa, Miño, Paderne e Oza dos Ríos. O refuxio é unha construción de madeira ao pé da ría perfectamente integrada no entorno desde onde contemplaremos a riqueza ornitolóxica que se agocha nas marismas e que se alimenta dos abundantes limos que se acumulan nas beiras da ría.
CONSELLO: Os mellores momentos
para visitar este recurso natural é entre os meses de agosto e decembro e
entre xaneiro e marzo xa que e cando as aves realizan un descanso dos
seus longos percorridos na Ría de Betanzos.
martes, 16 de outubro de 2018
SEGUIMOS TRABALLANDO...
Un dos porxectos nos que estamos a traballar é na elaboración dunha ruta de senderismo ao redor da Aula da Ría para poñer en valor o patrimonio cultural e natural que podemos atopar na súa contorna.
Dentro de pouco subiremos unha entrada detallando toda a información acompañada dun mapa, xa que a idea e que sexa unha ruta autoguiada.
Esta vista da Ría de Betanzos dende o paso do Camiño Inglés polo Concello de Paderne é unha das paorámicas que atoparemos na ruta de senderismo.
Para máis informaicón lembrade que o Centro de Interpretación da Aula da Ría está aberto de lúns a venres en horario de 8:30 a 14:30 para calqueira consulta.
Ata pronto!!!
mércores, 10 de outubro de 2018
NOVO PERÍODO DE APERTURA "AULA DA RÍA" setembro - decembro 2018
O Centro de Interpretación Aula da Ría de Paderne permanecerá aberto ao público de luns a venres de 8:30 a 14 :30 ata o 9/12/2018 para todo aquel que quera achegarse. Para visitas fora deste horario podes contactar no teléfono do concello (981 79 70 01).
Estamos organizando e deseñando varios proxectos dos que moi cedo teredes máis novas...
Mentres tanto compartimos este vídeo onde ver unha pequena parte de todo o que Paderne pode ofrecer
Video Concello de Paderne
venres, 6 de abril de 2018
MARISQUEO A PÉ
O marisqueo na ría de Betanzos é unha das imaxes máis características do
noso municipio nas parroquias de Santa María de Souto e San Pantaleón das Viñas.
Hoxe achegámosvos unha instantánea
dos mariscadores a pé, modalidade na que os bivalvos son extraídos da area con ferramentas como o sacho, a
rañica ou o fouciño.
Existen diferentes modalidades de traballo relativas ao marisqueo a pé,
cando este se leva a cabo en marea baixa nas praias-zona intermareal é coñecido
como “en seco”, se o marisqueo se realiza dentro da auga-zona submareal, (podendo
os mariscadores estar cubertos ata o peito), denomínase “mollado”, existindo ase
mesmo unha modalidade mixta.
Mariscadores a pé no Pedrido
Fonte: Concello de Paderne
Este espazo onde a auga salgada do mar e a auga doce do río se mesturan da
lugar a un ecosistema de gran valor ecolóxico, o que permitiu a súa
catalogación como espazo natural protexido dentro da Rede Natura 2000 e a súa
declaración como LIC (Lugar de
Importancia Comunitaria) Betanzos – Mandeo.
Non dubidedes en visitar a exposición sobre as diferentes modalidades de
marisqueo dos Padernenses ao longo do tempo no primeiro andar da Aula da Ría en
Chantada!
xoves, 1 de marzo de 2018
NOVO HORARIO DE APERTURA (2018)
A Aula da Ría estará a disposicíón de todos os interesados
en horario de 08.30 a 14.30h.
Muíños de Chantada en Souto
Na aldea de Chantada, pertencente á parroquia de Souto e a escasos metros
de onde se sitúa este centro de interpretación, encontraremos a maior agrupación
de muíños de todo o municipio; algúns deles foron rehabilitados en épocas
recentes.
Son popularmente coñecidos do seguinte modo:
- Muíño de Castelos
- Muíño de Cruxo
- Muíño Novo
- Muíño de Nunes
- Muíño de Salinas
Hoxe en día en
desuso forman parte do noso patrimonio etnográfico, lugares de reunión entre
veciños e mesmo puntos de encontro para os mozos e mozas da parroquia de Souto
antano.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)