venres, 5 de decembro de 2014

A Aula da Ría continúa a recopilar fotografías antigas relacionadas coa ría e os seus activos e labores.
Desde o seu blog, queremos pedir a colaboración de quen poida achegar algún material deste tipo (fotos pescando, mariscando, de embarcacións ou aparellos utilizados para traballar, ou relacionada con calquera outra actividade da ría). Quen teña algún material deste tipo e queira colaborar, pódese poñer en contacto por vía telefónica co Concello de Paderne no 981 79 70 01, ou por correo electrónico no enderezo auladaria@gmail.com.

Ningún comentario:

Publicar un comentario