Hoxe venres estaremos abertos ata as 14:30h, pero a fin de semana podédes levar a cabo a ruta de senderismo do entorno da Aula da Ría, e que pon en valor parte do patrimonio cultural e natural do Concello de
Paderne, paraíso entre ríos.
Aquí deixamos una pequena descrición, os datos básicos sobre a ruta de
senderismo e varios enlaces onde poder seguila e ler a explicación ou
curiosidades dos puntos de interese.
- DESCRICIÓN:
Esta ruta de senderismo promovida polo Centro de Interpretación Aula da
Ría de Paderne e polo Concello de Paderne, pretende ser un recurso para
as persoas interesadas en coñecer o patrimonio natural e cultural do
entorno do Centro de Interpretación Aula da Ría. Nestes case 8 km
descubriremos a tradición mariñeira e mariscadora que faise patente nas
casas de tipo mariñán do pobo de Chantada e as embarcacións típicas
utilizadas para estes oficios que atopan na Ribeira de Chantada. Por
outra banda, entenderemos a relación que o pobo tiña coa agricultura,
por medio das terras de semente, muíños e hórreos onde se recollían os
cereais para despois moelos e almacenalos; e coa gandaría, onde destaca O
Potro ou Punto de Inseminación para o gando. Tamén, disfrutaremos da
natureza, da fauna e da flora das marismas da ría de Betanzos, un espazo
protexido pola importancia do seu ecosistema onde destaca o
Oberservatorio Ornitolóxico de Souto; e de un tramo da 3 Etapa do Camiño
de Santiago Inglés cunha vista panorámica da ría de Betanzos.
- DATOS DE INTERESE:
Tipo de ruta: circular
Distancia: 7,71 km
Dificultade: Moderada-Baixa
Desnivel: 257 m
Altitude
máxima: 142 m
Altitude
mínima: -5 m
Tempo aproximado: 1 h 45 mins
- ENLACES:
Google Maps:
Wikiloc:
Ningún comentario:
Publicar un comentario