Dende o Centro de Interpretación Aula da Ría comunicamos que estaremos abertos dende o 1 de outubro ata o 31 de decembro de 2021. Todo aquel que queira achegarse a coñecer a Aula da Ría, lugar de divulgación da natureza, do patrimonio cultural e dos oficios que se desenvolveron durante anos na súa contorna, poderá facelo de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas.
¡Estaremos encantados de recibilos! 😊
Queremos comezar esta nova andadura compartindo un poema de Josefina Calvo Sánchez sobre “Paderne, Paraíso entre ríos” escrito en marzo de 2010.
O Paraíso entre Ríos é un concello no que todos nós vivimos
e a súa corporación loita pola poboación sen ningunha condición.O Lambre e o Mandeo ao noso concello rodean
coas augas cristalinas que o arco da Ponte Vella bebe.¡Canta paz e harmonía se sente a carón dun río,
co ruído das súas augas que chega aos nosos oídos!Contemplando as súas augas, sentimos moita alegría
e quixemos ser libres como a auga do río.Se o río dos Caneiros nos puidese falar...
¡cantas cousiñas bonitas, el nos podería contar!Porque polo río dos Caneiros moita xente sobe e baixa,
E os fogos artificiais que botan na Ponte Vella
Os paderneses e os dos arredores baixamos á Ponte Vella
E as barquiñas todas engalanadas con rosas e caraveis,
Aínda que tamén o Río dos Caneiros nos deu algún desgusto,
(Referencia: Calvo Sánchez, J. (2014). Memorias e Anécdotas. Páxinas 21-22)
Ningún comentario:
Publicar un comentario