venres, 29 de outubro de 2021

FOTOGRAFÍAS DAS ACTIVIDADES NAS ESCOLAS UNITARIAS

Como anunciamos a semana pasada, amosámosvos as fotografías que se tomaron durante ás actividades desenvoltas nas Escolas Unitarias de Viñas e Areas 📷. 

A primeira das actividades na que participaron os cativ@s foi a charla "Fomento da biodiversidade asociada á Ría de Betanzos". Durante a mesma, os nen@s puideron coñecer a fauna e flora que habita na zona da ribeira da Ría de Betanzos e en todo o concello de Paderne.

Cativ@s da Escola Unitaria de Areas atentos ás explicacións

Cativ@s da Escola Unitaria de Viñas gozando da charla

Ao rematar a charla, os cativ@s aprenderon a plantar landras e castañas nuns cuncos que coidan nas súas casas. Nos vindeiros meses comezaran a brotar 🌲.

Listos para plantar

As actividades desenvoltas enmárcanse na Campaña de Sensibilización Ambiental, dentro do proxecto “Adecuación e rexeneración do Patrimonio Medioambiental e accesos a zonas marisqueiras”. Esta Campaña é posible grazas ás axudas do Golfo Ártabro Norte, ao que pertence o Concello de Paderne, na Resolución da Consellería do Mar do 03 de agosto de 2021.

Actividade financiada por:







 


 Coa colaboración do:







Ningún comentario:

Publicar un comentario