👦👧Hoxe os cativ@s das Escolas Unitarias de Viñas e Areas están gozando da charla "Fomento da biodiversidade asociada á Ría de Betanzos", actividade enmarcada dentro da Campaña de Sensibilización Ambiental e ligada ao proxecto “Adecuación e rexeneración do Patrimonio Medioambiental e accesos a zonas marisqueiras”. Esta Campaña é posible grazas ás axudas do Golfo Ártabro Norte, ao que pertence o Concello de Paderne, na Resolución da Consellería do Mar do 03 de agosto de 2021.
Nos vindeiros días amosarémosvos algunhas das fotografías que estamos
tomando do evento 📷. Os nenos están encantados de coñecer as especies que habitan
na zona da ribeira da Ría e en todo o concello de Paderne.
🔔 Recordade que todos aqueles nen@s de primaria que queiran asistir á charla programada para a tarde deste venres 22 de outubro na Aula da Ría, en horario de 17:00-18:30h, teñen de prazo límite para anotarse o xoves 21 de outubro. Para inscribirse podedes facelo por tres medios:
- Presencialmente no concello de Paderne: Lugar Consistorio, 14, 15314 Paderne, A Coruña
- Chamando telefonicamente: 981 797 001
- Correo electrónico: correo@concellodepaderne.com
Non quededes sen a vosa praza! Esperámosvos na Aula da Ría 🏡
Actividade financiada por:
Coa colaboración do:
Ningún comentario:
Publicar un comentario