O marisqueo na ría de Betanzos é unha das imaxes máis características do
noso municipio nas parroquias de Santa María de Souto e San Pantaleón das Viñas.
Hoxe achegámosvos unha instantánea
dos mariscadores a pé, modalidade na que os bivalvos son extraídos da area con ferramentas como o sacho, a
rañica ou o fouciño.
Existen diferentes modalidades de traballo relativas ao marisqueo a pé,
cando este se leva a cabo en marea baixa nas praias-zona intermareal é coñecido
como “en seco”, se o marisqueo se realiza dentro da auga-zona submareal, (podendo
os mariscadores estar cubertos ata o peito), denomínase “mollado”, existindo ase
mesmo unha modalidade mixta.
Mariscadores a pé no Pedrido
Fonte: Concello de Paderne
Este espazo onde a auga salgada do mar e a auga doce do río se mesturan da
lugar a un ecosistema de gran valor ecolóxico, o que permitiu a súa
catalogación como espazo natural protexido dentro da Rede Natura 2000 e a súa
declaración como LIC (Lugar de
Importancia Comunitaria) Betanzos – Mandeo.
Non dubidedes en visitar a exposición sobre as diferentes modalidades de
marisqueo dos Padernenses ao longo do tempo no primeiro andar da Aula da Ría en
Chantada!