mércores, 29 de xullo de 2015

O pasado mes de xuño  desfrutamos dunha nova xornada na Aula da Ría en compañía dos nen@s das escolas unitarias de Paderne; en esta ocasión dous integrantes do  Grupo de Desenvolvemento Rural  “Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” desprazáronse ata a aula para levar a cabo unha proxección sobre o uso sostible dos recursos e o coidado do medio ambiente, posteriormente trasladámonos  ata Ponte do Porco onde dúas mariscadoras da zona nos ensinaron en qué consiste  o  seu labor  na ría e cales son os moluscos que máis se reproducen no lugar.

Para finalizar o percorrido, os nenos puxeron en práctica os coñecementos adquiridos e axudaron na recolecta de lixo, fomentando e promovendo o uso responsable e mantemento do entorno.






venres, 24 de xullo de 2015

“Adeus, ríos; adeus, fontes; adeus, regatos pequenos”. Rosalía de Castro (1837/1885)

No lugar de Gas fronteira entre os concellos de Paderne e Betanzos  localización dende onde presenciamos as fermosas vistas da ría de Betanzos non hai moito máis de unha semana,   atopamos esta fermosa fonte case monumental na que se pode ler a seguinte inscrición “POR LOS VECINOS DE LA FUENTE  / 1884 ”
A auga das fontes carrexa dende tempos ancestrais no mundo labrego un significado que alberga dende beneficios medicinais a todo tipo de rituais moitas veces vinculados a antigos cultos  pagáns e co mundo das crenzas e lendas; os encantos ou mouras son algúns dos personaxes lendarios máis populares do noso territorio.
Coa chegada do cristianismo estes lugares viron modificado o seu aspecto orixinal mediante a imposición de cruces ou imaxes de santos relacionados con ritos católicos e asociados á virxe.
Aquí observamos un claro exemplo da  colocación dunha cruz na cima da fonte , lamentablemente hoxe en día tanto a cruz como os dous pináculos decorativos atópanse en paradoiro descoñecido tras un roubo que tivo lugar no 2009.
A auga convertese en unha condición indispensable para o asentamento dunha poboación e determina o tipo de hábitat da mesma, cando os nacentes  son cuantiosos o medio resultante é disperso como no caso galego; aquí  o porqué da beleza dos nosos paisaxes.

Documentación: As fontes no Concello de Betanzos. TORRES REGUEIRO.X / GARCÍA GONZÁLEZ. A


mércores, 8 de xullo de 2015

Paso do Camiño de Santiago por Paderne



O número de peregrinos que se desprazan a Santiago no 2015 segue aumentando  notablemente en comparación con anos anteriores;  no tramo do Camiño Inglés que transcorre polo noso concello  damos constancia de este incremento e queremos facervos partícipes dunha bonita panorámica da Ría  coa que se atopan os visitantes nos seus andares pola parroquia de Vila de Meus en Souto. Cautivadora, non vos parece?