luns, 29 de novembro de 2021

DÍAS CHUVIOSOS, DÍAS DE COÑECER O QUE OFRECE A AULA DA RÍA

Chegaron os días chuviosos 🌨 e fríos ⛄ propios desta época do ano. Estas datas son as mellores para descubrir o que garda no seu interior a Aula da Ría 🏡. Achegádevos a coñecer a flora e fauna local, así como os antigos oficios que desenvolvían os veciños do concello de Paderne.

 
Estamos abertos de luns a venres, dende as 8:30 ata 14:30h. Esperámosvos na Aula da Ría!

martes, 23 de novembro de 2021

DEDOS DO DEMO

Durante a ruta de sendeirismo do Centro de Interpretación Aula da Ría non é raro atopar un fungo de cor vermello con manchas negras e cun aspecto peculiar, pois caracterízase por amosar entre catro e oito brazos que recordan a tentáculos. Antes de florecer e ter este aspecto, atópase pechado nun ovo de cor branco-rosado.

Este fungo denomínase cientificamente Clathrus Archeri e popularmente “dedos do demo”, “estrela vermella” ou “seta calamar”. Principalmente florece nesta época do ano, no outono🍂, favorecido polo clima húmido, pero tamén comezan a adaptarse a outras épocas do ano como o verán.

Clathrus Archeri, principios de novembro de 2021

Aínda que cada vez é máis frecuente observalo nas paraxes naturais de Galicia, Cantabria, Asturias, País Vasco, Navarra e en menor medida en Catalunya, este fungo é unha especie invasora de orixe australiano. O "dedos do demo" foi descuberto por primeira vez en Europa no distrito francés de Saint-des-Vosges no 1914. As teorías apuntan que a súa chegada ata aquí foi durante a Primeira Guerra Mundial por medio das esporas fixadas aos cabalos dos soldados australianos e da súa forraxe, ou simplemente nas botas dos soldados.

📍Mapa coa localización dos lugares ónde varias persoas avistaron este fungo (Mapa elaborado por La Vanguardia).

 

Se queredes aprender máis sobre a flora local e diferenciar a invasora, non dubidedes en visitar a Aula da Ría 🏡. Esperámosvos aquí.

mércores, 17 de novembro de 2021

CAMIÑO INGLÉS. ETAPA 3: MIÑO-BRUMA

A ruta de sendeirismo do Centro de Interpretación Aula da Ría contén numerosas sorpresas. Unha delas está relacionada co Camiño Inglés, pois o itinerario da Aula da Ría comparte un tramo coa ruta de peregrinación xacobea para chegar a Santiago de Compostela. Concretamente, o tramo que vai dende o quilómetro 69,343 ata o 68,191 .

Km 69,164 do Camiño Inglés

Todos aqueles que se acheguen á ruta a gozar da natureza e do patrimonio de Chantada e Souto, encontraranse con peregrinos facendo o Camiño Inglés en dirección a Santiago de Compostela. .

Km 68,191 do Camiño Inglés

venres, 12 de novembro de 2021

O POTRO OU PUNTO DE INSEMINACIÓN

A 250 metros da Aula da Ría atópase un dos elementos patrimoniais que podemos observar no percorrido da ruta de sendeirismo: O Potro ou  Punto de Inseminación. Esta infraestrutura realizada en madeira, como o seu propio nome indica, estaba destinada para a inseminación do gando 🐄.

O Punto de Inseminación reflicte a importancia da gandaría na economía da aldea de Chantada. Ademais, esta estrutura era de uso comunitario, o que nos amosa a solidariedade e colaboración entre os veciños.

Achegádevos a observar este antigo Punto de Inseminación. 

O Potro ou Punto de Inseminación

Antigamente, mentres os gandeiros coidaban do gando contaban contos e cantaban versos para entreterse. A continuación traémosvos uns versos que recordan o que os gandeiros cantaban cando ían coas vacas 🐄.

Eu pedinllo a unha nena
na punta dun ameneiro,
ela díxome que espere
que ten que baixar primeiro.
 
 
O cantar dos arrieiros
é un cantar moi baixiño
cantouno enriba da vía
resoa no Carballiño.
 
 
Polo río abaixo
vai un rodaballo
cunha man no cu
e outra no carallo.
 
 
Por que non cantas paxaro?
Porque non teño alegría.
Non se fai cousa de noite
que non se seipa de día.
 
 
Pasei pola túa porta,
pedinche auga non ma deches.
Cando pases pola miña,
farei como me fixeches.
 
 
Este pandeiro que toco
é de coiro dunha ovella.
Onte pacía no campo,
hoxe toca que rabea.

(Estes é máis versos podedes consultalos no libro: Concello de Paderne (2011). Paderne, unha mirada ó pasado. A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, Concello de Paderne).

Se coñecedes algún conto ou lenda relacionado coa gandaría en Paderne, non dubides en contalo na sección de comentarios 👇

mércores, 10 de novembro de 2021

AMENCE NA AULA DA RÍA

Amencendo 🌄
A primeira hora da maña temos unhas preciosas vistas da Aula da Ría. Animádevos a visitarnos e a descubrir o que agarda no seu interior a Aula da Ría: flora, fauna, oficios antigos e moito máis.

O día crece 🌞

Vistas dos accesos á Aula da Ría, un paraíso natural rodea o Centro de Interpretación.

Inmediacións do Centro de Interpretación Aula da Ría

luns, 8 de novembro de 2021

NOVO ASPECTO DO BLOG!

Comezamos a semana cos novos cambios no blog da Aula da Ría que anunciábamos hai uns días.

Na parte superior do blog, mediante as pestanas, tedes acceso directo á información principal da Aula da Ría.

  • Inicio: Acceso a todas as novidades que imos publicando.
  • Aula da Ría: Principais datos da Aula da Ría.
  • Ruta: Ruta de sendeirismo da Aula da Ría de libre acceso.
  • Actividades: Actividades desenvoltas na Aula da Ría.
  • Bibliografía: Publicacións acerca do concello de Paderne.
  • Localización: Situación da Aula da Ría.
  • Horario: Días que estamos abertos.
  • Contacto: Establecer contacto connosco.

No lateral dereito tedes acceso a todas as publicacións dende que iniciamos as nosa andadura.

Podedes comentar que vos parecen os novos cambios 👇

venres, 5 de novembro de 2021

PLANS DE FIN DE SEMANA. RUTA DE SENDEIRISMO AULA DA RÍA

Este finde de semana temos unha tregua da chuvia e chega o bo tempo . Qué mellor forma de gozalo que realizando a ruta de sendeirismo da Aula da Ría.

A continuación deixámosvos uns datos interesantes acerca da ruta 👇

No 2018, o Centro de Interpretación Aula da Ría elaborou unha ruta de sendeirismo na contorna da Aula da Ría co fin de poñer en valor o patrimonio cultural e natural situado na aldea de Chantada, no Concello de Paderne.

O itinerario de 7,71 km, xunto ao Centro de Interpretación, actúa como recurso para que tanto os veciños da zona como todos aqueles que queiran achegarse ata aquí poidan coñecer o patrimonio cultural e natural da contorna do Centro de Interpretación Aula da Ría.

Ao longo da ruta, poderes coñecer a tradición mariñeira, gandeira e agrícola da zona. A tradición mariñeira e mariscadora está reflectida nas casas de tipo mariñán que se atopan no pobo de Chantada e, tamén, nas embarcacións típicas utilizadas para estes oficios que se poden ver na Ribeira de Chantada.

Respecto á gandaría, no percorrido destaca O Potro ou Punto de Inseminación, unha estrutura para o gando que fai patente a importancia da gandería na economía da aldea de Chantada. A relación dos paderneses coa agricultura obsérvase nas terras de semente, os diversos muíños e os hórreos ónde se recollían os cereais, os cales despois se moían e almacenaban.

Acompañando a todo este patrimonio, durante a ruta poderedes gozar da natureza, da fauna e da flora das marismas da ría de Betanzos, un espazo protexido polo seu ecosistema como Lugar de Importancia Comunitaria, LIC Betanzos-Mandeo. A ruta conta cun Observatorio Ornitolóxico dende ónde observar a vida silvestre a corta distancia.

Ademais, nun tramo da ruta pasa a 3º Etapa do Camiño de Santiago Inglés cunha vista panorámica da ría de Betanzos.

A ruta está promovida polo Centro de Interpretación Aula da Ría e polo Concello de Paderne.

DATOS DE INTERESE SOBRE A RUTA

· Tipo de ruta: circular                                               

· Distancia: 7,71 km                                                 

· Dificultade: Moderada  

· Desnivel: 257 m.                                             

· Altitude máxima: 142 m.                                          

· Altitude mínima: -5 m.

· Tempo aproximado: 1 h 45 minutos

 

MAPAS

Nos mapas interactivos podedes ver por ónde discorre a ruta e, tamén, tedes sinalados os puntos de interese e unha explicación sobre cada un deles.

📍Google Maps:  

 📍Wikiloc:

Powered by Wikiloc