martes, 19 de decembro de 2023

MARISCOS DA RIA

Hoxe, 19 de decembro, tivo lugar a primeira das actividades programadas  dentro  das Xornadas de recuperación da cultura mariñeira que  está a desenvolver o Concello de Paderne ao abeiro das axudas da Consellería do Mar, xestionadas a través do Grupo de Acción Local de Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, para o proxecto “Recuperación da cultura mariñeira.” .

A finalidade do proxecto é a recuperación da cultura mariñeira no Concello de Paderne e a súa posta en valor entre a poboación infantil das escolas de educación infantil do Concello. Neste senso,  e baixo o título “Mariscos da Ria de Paderne” a Confraría de Pescadores de Miño, por medio do seu patrón maior e a súa bióloga, amosaron os nenos das escolas de educación infantil de Viñas e Areas o traballo de mariscador e mariscadora así como os produtos da Ría de Betanzos.

A actividade esta cofinanciada pola Unión Europea ao abeiro das axudas da Conselleira do Mar xestionadas a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte.






Actividade financiada por: