xoves, 22 de abril de 2021


 

Dende a Aula da Ría, informárvos que se levades a cabo a Ruta de senderismo Circular do Centro de Interpretación da Aula da Ría de Paderne e entorno, ao carón da Igrexa parroquial de Santa María de Souto podédes atopar o palco da festa de Souto. Un palco ubicado no campo da festa de Souto.

Uns palcos da festa que son de gran importancia para a cultura do país, entre outras cousas, pola súa relación coas orquestas de baile, as cales constituén o fenómeno cultural diferencial galego máis singular, tanto pola súa extraordinaria implantación en todo o territorio como pola cantidade de recursos humanos, materiais e económicos que mobilizan.




venres, 16 de abril de 2021

RUTA DE SENDERISMO CENTRO DE INTERPRETACIÓN AULA DA RÍA E ENTORNO

 

 Hoxe venres estaremos abertos ata as 14:30h, pero a fin de semana podédes levar a cabo a ruta de senderismo do entorno da Aula da Ría, e que pon en valor parte do patrimonio cultural e natural do Concello de Paderne, paraíso entre ríos.
 
 
Aquí deixamos una pequena descrición, os datos básicos sobre a ruta de senderismo e varios enlaces onde poder seguila e ler a explicación ou curiosidades dos puntos de interese. 

- DESCRICIÓN: 

Esta ruta de senderismo promovida polo Centro de Interpretación Aula da Ría de Paderne e polo Concello de Paderne, pretende ser un recurso para as persoas interesadas en coñecer o patrimonio natural e cultural do entorno do Centro de Interpretación Aula da Ría. Nestes case 8 km descubriremos a tradición mariñeira e mariscadora que faise patente nas casas de tipo mariñán do pobo de Chantada e as embarcacións típicas utilizadas para estes oficios que atopan na Ribeira de Chantada. Por outra banda, entenderemos a relación que o pobo tiña coa agricultura, por medio das terras de semente, muíños e hórreos onde se recollían os cereais para despois moelos e almacenalos; e coa gandaría, onde destaca O Potro ou Punto de Inseminación para o gando. Tamén, disfrutaremos da natureza, da fauna e da flora das marismas da ría de Betanzos, un espazo protexido pola importancia do seu ecosistema onde destaca o Oberservatorio Ornitolóxico de Souto; e de un tramo da 3 Etapa do Camiño de Santiago Inglés cunha vista panorámica da ría de Betanzos. 

- DATOS DE INTERESE: 
  
Tipo de ruta: circular                                               
Distancia: 7,71 km                                                 
Dificultade: Moderada-Baixa 
Desnivel: 257 m                                                 
Altitude máxima: 142 m                                            
Altitude mínima: -5 m
Tempo aproximado: 1 h 45 mins

- ENLACES: 

Google Maps:  

Wikiloc: 

venres, 9 de abril de 2021

NOVA APERTURA DA AULA DA RÍA

Un pracer comunicar que ata o 30 de abril podédes visitar novamente o Centro de Interpretación da Aula da Ría, onde o noso técnico Jorge Linheira, informaravos de todo o que queirades saber sobre o patrimonio marítimo e a cultura mariñeira da ría de Betanzos.

O noso horario de apertura será de luns a venres de 8:30h a 14:30h.


#PaderneParaísoEntreRíos