venres, 5 de novembro de 2021

PLANS DE FIN DE SEMANA. RUTA DE SENDEIRISMO AULA DA RÍA

Este finde de semana temos unha tregua da chuvia e chega o bo tempo . Qué mellor forma de gozalo que realizando a ruta de sendeirismo da Aula da Ría.

A continuación deixámosvos uns datos interesantes acerca da ruta 👇

No 2018, o Centro de Interpretación Aula da Ría elaborou unha ruta de sendeirismo na contorna da Aula da Ría co fin de poñer en valor o patrimonio cultural e natural situado na aldea de Chantada, no Concello de Paderne.

O itinerario de 7,71 km, xunto ao Centro de Interpretación, actúa como recurso para que tanto os veciños da zona como todos aqueles que queiran achegarse ata aquí poidan coñecer o patrimonio cultural e natural da contorna do Centro de Interpretación Aula da Ría.

Ao longo da ruta, poderes coñecer a tradición mariñeira, gandeira e agrícola da zona. A tradición mariñeira e mariscadora está reflectida nas casas de tipo mariñán que se atopan no pobo de Chantada e, tamén, nas embarcacións típicas utilizadas para estes oficios que se poden ver na Ribeira de Chantada.

Respecto á gandaría, no percorrido destaca O Potro ou Punto de Inseminación, unha estrutura para o gando que fai patente a importancia da gandería na economía da aldea de Chantada. A relación dos paderneses coa agricultura obsérvase nas terras de semente, os diversos muíños e os hórreos ónde se recollían os cereais, os cales despois se moían e almacenaban.

Acompañando a todo este patrimonio, durante a ruta poderedes gozar da natureza, da fauna e da flora das marismas da ría de Betanzos, un espazo protexido polo seu ecosistema como Lugar de Importancia Comunitaria, LIC Betanzos-Mandeo. A ruta conta cun Observatorio Ornitolóxico dende ónde observar a vida silvestre a corta distancia.

Ademais, nun tramo da ruta pasa a 3º Etapa do Camiño de Santiago Inglés cunha vista panorámica da ría de Betanzos.

A ruta está promovida polo Centro de Interpretación Aula da Ría e polo Concello de Paderne.

DATOS DE INTERESE SOBRE A RUTA

· Tipo de ruta: circular                                               

· Distancia: 7,71 km                                                 

· Dificultade: Moderada  

· Desnivel: 257 m.                                             

· Altitude máxima: 142 m.                                          

· Altitude mínima: -5 m.

· Tempo aproximado: 1 h 45 minutos

 

MAPAS

Nos mapas interactivos podedes ver por ónde discorre a ruta e, tamén, tedes sinalados os puntos de interese e unha explicación sobre cada un deles.

📍Google Maps:  

 📍Wikiloc:

Powered by Wikiloc

Ningún comentario:

Publicar un comentario