Durante a ruta de sendeirismo do Centro de Interpretación Aula da Ría non é raro atopar un fungo de cor vermello con manchas negras e cun aspecto peculiar, pois caracterízase por amosar entre catro e oito brazos que recordan a tentáculos. Antes de florecer e ter este aspecto, atópase pechado nun ovo de cor branco-rosado.
Este fungo denomínase cientificamente Clathrus Archeri e popularmente “dedos do demo”, “estrela vermella” ou “seta calamar”. Principalmente florece nesta época do ano, no outono🍂, favorecido polo clima húmido, pero tamén comezan a adaptarse a outras épocas do ano como o verán.
Clathrus Archeri, principios de novembro de 2021 |
Aínda que cada vez é máis frecuente observalo nas paraxes naturais de Galicia, Cantabria, Asturias, País Vasco, Navarra e en menor medida en Catalunya, este fungo é unha especie invasora de orixe australiano. O "dedos do demo" foi descuberto por primeira vez en Europa no distrito francés de Saint-des-Vosges no 1914. As teorías apuntan que a súa chegada ata aquí foi durante a Primeira Guerra Mundial por medio das esporas fixadas aos cabalos dos soldados australianos e da súa forraxe, ou simplemente nas botas dos soldados.
📍Mapa coa localización dos lugares ónde varias persoas avistaron este fungo (Mapa elaborado por La Vanguardia).
Se queredes aprender máis sobre a flora local e diferenciar a invasora, non dubidedes en visitar a Aula da Ría 🏡. Esperámosvos aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario