A 250 metros da Aula da Ría atópase un dos elementos patrimoniais que podemos observar no percorrido da ruta de sendeirismo: O Potro ou Punto de Inseminación. Esta infraestrutura realizada en madeira, como o seu propio nome indica, estaba destinada para a inseminación do gando 🐄.
O Punto de Inseminación reflicte a importancia da gandaría na economía da aldea de Chantada. Ademais, esta estrutura era de uso comunitario, o que nos amosa a solidariedade e colaboración entre os veciños.
Achegádevos a observar
este antigo Punto de Inseminación.
O Potro ou Punto de Inseminación |
Antigamente, mentres os gandeiros coidaban do gando contaban contos e cantaban versos para entreterse. A continuación traémosvos uns versos que recordan o que os gandeiros cantaban cando ían coas vacas 🐄.
(Estes é máis versos podedes consultalos no libro: Concello de Paderne (2011). Paderne, unha mirada ó pasado. A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, Concello de Paderne).
Se coñecedes algún conto ou lenda relacionado coa gandaría en Paderne, non dubides en contalo na sección de comentarios 👇
Ningún comentario:
Publicar un comentario