Amencendo 🌄 |
A primeira hora
da maña temos unhas preciosas vistas da Aula da Ría. Animádevos a visitarnos e
a descubrir o que agarda no seu interior a Aula da Ría: flora, fauna, oficios antigos e moito máis.
A Aula da Ría ten como fin fomentar os valores culturais e naturais asociados á ría de Betanzos, difundir o patrimonio marítimo e a cultura mariñeira e facer partícipes aos veciños dunha infraestrutura municipal que debe consolidarse como lugar de referencia para o coñecemento dos valores patrimoniais, naturais e ambientais do Concello de Paderne.
Ningún comentario:
Publicar un comentario