martes, 2 de novembro de 2021

FOTOGRAFÍAS DAS ACTIVIDADES NA AULA DA RÍA

O 22 de outubro desenvolvéronse sendas actividades na Aula da Ría 🏡. Hoxe traémosvos algunhas das fotografías que se tomaron durante as xornadas 📷, os cativ@s pasaron unha moi boa tarde.

Os cativ@s asistiron á charla "Fomento da biodiversidade asociada á Ría de Betanzos". Nela aprenderon a coñecer a fauna e flora que habita na zona da ribeira da Ría de Betanzos e en todo o concello de Paderne.

Cativ@s atentos ás explicacións

 

 

 

 

 

 

Ao rematar a charla, os cativ@s estiveron plantando landras e castañas nuns cuncos que coidan nas súas casas. Nos vindeiros meses comezaran a brotar 🌲.

Plantando árbores autócnonas

As actividades desenvoltas enmárcanse na Campaña de Sensibilización Ambiental, dentro do proxecto “Adecuación e rexeneración do Patrimonio Medioambiental e accesos a zonas marisqueiras”. Esta Campaña é posible grazas ás axudas do Golfo Ártabro Norte, ao que pertence o Concello de Paderne, na Resolución da Consellería do Mar do 03 de agosto de 2021.

Actividade financiada por:







 


 Coa colaboración do:






Ningún comentario:

Publicar un comentario