No lugar de Gas fronteira entre os concellos de Paderne e Betanzos localización dende onde presenciamos as
fermosas vistas da ría de Betanzos non hai moito máis de unha semana, atopamos
esta fermosa fonte case monumental na que se pode ler a seguinte inscrición “POR
LOS VECINOS DE LA FUENTE / 1884 ”
A auga das fontes carrexa dende tempos ancestrais no mundo labrego un
significado que alberga dende beneficios medicinais a todo tipo de rituais
moitas veces vinculados a antigos cultos
pagáns e co mundo das crenzas e lendas; os encantos ou mouras son algúns
dos personaxes lendarios máis populares do noso territorio.
Coa chegada do cristianismo estes lugares viron modificado o seu aspecto
orixinal mediante a imposición de cruces ou imaxes de santos relacionados con
ritos católicos e asociados á virxe.
Aquí observamos un claro exemplo da
colocación dunha cruz na cima da fonte , lamentablemente hoxe en día
tanto a cruz como os dous pináculos decorativos atópanse en paradoiro
descoñecido tras un roubo que tivo lugar no 2009.
A auga convertese en unha condición indispensable para o asentamento dunha
poboación e determina o tipo de hábitat da mesma, cando os nacentes son cuantiosos o medio resultante é disperso
como no caso galego; aquí o porqué da
beleza dos nosos paisaxes.
Documentación: As fontes no Concello
de Betanzos. TORRES REGUEIRO.X / GARCÍA GONZÁLEZ. A
Ningún comentario:
Publicar un comentario