O pasado mes de xuño desfrutamos dunha nova xornada na Aula da Ría en compañía dos nen@s das
escolas unitarias de Paderne; en esta ocasión dous integrantes do Grupo de Desenvolvemento Rural “Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e
Terras do Mandeo” desprazáronse ata a aula para levar a cabo unha proxección
sobre o uso sostible dos recursos e o coidado do medio ambiente, posteriormente trasladámonos ata Ponte do Porco onde
dúas mariscadoras da zona nos ensinaron en qué consiste o seu labor
na ría e cales son os moluscos que máis
se reproducen no lugar.
Para finalizar o percorrido, os nenos puxeron en práctica os coñecementos
adquiridos e axudaron na recolecta de lixo, fomentando e promovendo o uso
responsable e mantemento do entorno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario