Os desprazamentos migratorios das aves realízanse entre o período de cría
(primavera - verán) e a invernada; esta migración que ocorre no momento
posterior á invernada é coñecida co nome de “prenupcial” ou primaveral e aquela
que acontece despois do verán ou a comezos do outono denomínanse “postnupcial”.
A corrente migratoria pode durar días ou incluso semanas e as aves precisan
de zonas de descanso na súa longa viaxe para poder continuar co seu percorrido.
As marismas da nosa ría conforman unha ampla braña con abundantes zonas de
lodo, este lameiro é elixido por cuantiosas aves migratorias nos seus
desprazamentos; a época de maior movemento ten lugar en dous pasos
“postnupciais” de agosto a decembro e de xaneiro a marzo.
Entre a variedade de aves que repousan na ría atópanse as que podemos
observar na imaxe que se clasificarían do seguinte modo
Aves acuáticas
Aquelas que pescan:
Aquelas que pescan:
Garza real
Garzota
Corvo mariño
Aquelas que buscan o seu alimento entre o lama ou a area do fondo (Límicolas):
Aquelas que buscan o seu alimento entre o lama ou a area do fondo (Límicolas):
Mazaricos
Biluricos
Becacinas
Pódense contemplar tamén lavancos ou parrulos nadando ; e entre os páxaros pequenos, a “escribenta das canaveiras” é moi tipico dos canavais en inverno.
Pódense contemplar tamén lavancos ou parrulos nadando ; e entre os páxaros pequenos, a “escribenta das canaveiras” é moi tipico dos canavais en inverno.
Fuente: www.turgalicia.es Ría de Ares y Betanzos
www.migracióndeaves.org
SEO/Birdlife
“Os segredos
da ría de Betanzos” Concello de Paderne
Ningún comentario:
Publicar un comentario