martes, 11 de xuño de 2024

 

O TRABALLO DO MARISCADOR

O Concello de Paderne celebrou o 5 de xuño a xornada “ O traballo do mariscador”, continuando coas actividades programadas dentro das Xornadas de recuperación da cultura mariñeira que esta a desenvolver o Concello de Paderne ao abeiro das axudas da Conselleria do Mar, xestionadas a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, para o proxecto “Recuperación da cultura mariñeira”.



A finalidade do proxecto é a recuperación da cultura mariñeira no Concello de Paderne e a súa posta en valor entre a poboación infantil das escolas de educación infantil do Concello. Nesta xornada, os nenos e nenas das Escolas de Educación Infantil  de Areas e Viñas, visitaron os bancos marisqueiros da Confraría de Pescadores de Miño, acompañados polo seu  patrón maior e a súa bióloga,   quenes amosaron ós nenos e nenas das escolas o traballo in situ do mariscador, a forma de extraer o marisco así como as  especies   que extraen.



A actividade esta cofinanciada pola Unión Europea ao abeiro das axudas da Conselleira do Mar xestionadas a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte.

Actividade financiada por: