luns, 21 de outubro de 2024

DESGUSTACIÓN DE MARISCOS NA RIA NO PARQUE INFANTIL MARIÑEIRO

O xoves 17, a Escola de Viñas acolleu a degustación que se inclúe dentro do proxecto “Recuperación da cultura mariñeira”, que ten como finalidade a recuperación a cultura mariñeira no Concello de Paderne e a súa posta en valor entre a poboación infantil.

No acto estiveron presentes, ademais de membros do equipo de goberno, o patrón maior da Confraría de Miño e presidente do Golfo Ártabro, José Antonio Anido Núñez, así como os patróns maiores anteriores, José Manuel Fernández Lage e María José Crespo Fraga. Tamén acudiron a xerente do GALP, Tamara Tilve Chan e a bióloga, Maite Fernández.

Os pequenos e pequenas, acompañados e acompañadas por familiares e veciños e veciñas, non só desfrutaron do seu parque mariñeiro, senón que gozaron cos produtos típicos da ría.

 

A actividade esta cofinanciada pola Unión Europea ao abeiro das axudas da Consellería do Mar xestionadas a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte.

Actividade financiada por: 




      

 

martes, 9 de xullo de 2024

 

POSTA EN VALOR DE PRODUTOS DA RÍA DE BETANZOS

O Concello de Paderne celebrou o pasado 29 de xuño de 2024 a Feira GrastroLexítimo en Esperela. A  Feira,  que serve para por en valor produtos da terra, de innegable calidade, a gastronomía tradicional e tamén para ser unha fonte de dinamismo económico para o Concello de Paderne, contou coa presenza de adegas,  restaurantes e  empresas de produtos locais.

Entre as actividades da Feira realizouse un obradoiro de cociña coa colaboración da Confraría de Pescadores de Miño. O obradoiro consistiu na presentación da ostra xaponesa que se pode atopar na Ría de Betanzos, por parte da súa bióloga, para proceder a continuación coa elaboración de empanada con esta especie de ostra e posterior degustación.


A actividade  forma parte do proxecto Posta en valor de produtos da Ría de Betanzos para o cal, o Concello de Paderne,  solicitou o cofinanciamento da Unión Europea ao abeiro das axudas da Conselleira do Mar xestionadas a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte.

Actividade financiada por:






martes, 11 de xuño de 2024

 

O TRABALLO DO MARISCADOR

O Concello de Paderne celebrou o 5 de xuño a xornada “ O traballo do mariscador”, continuando coas actividades programadas dentro das Xornadas de recuperación da cultura mariñeira que esta a desenvolver o Concello de Paderne ao abeiro das axudas da Conselleria do Mar, xestionadas a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, para o proxecto “Recuperación da cultura mariñeira”.



A finalidade do proxecto é a recuperación da cultura mariñeira no Concello de Paderne e a súa posta en valor entre a poboación infantil das escolas de educación infantil do Concello. Nesta xornada, os nenos e nenas das Escolas de Educación Infantil  de Areas e Viñas, visitaron os bancos marisqueiros da Confraría de Pescadores de Miño, acompañados polo seu  patrón maior e a súa bióloga,   quenes amosaron ós nenos e nenas das escolas o traballo in situ do mariscador, a forma de extraer o marisco así como as  especies   que extraen.



A actividade esta cofinanciada pola Unión Europea ao abeiro das axudas da Conselleira do Mar xestionadas a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte.

Actividade financiada por: