A Aula da Ría ten como fin fomentar os valores culturais e naturais asociados á ría de Betanzos, difundir o patrimonio marítimo e a cultura mariñeira e facer partícipes aos veciños dunha infraestrutura municipal que debe consolidarse como lugar de referencia para o coñecemento dos valores patrimoniais, naturais e ambientais do Concello de Paderne.
venres, 12 de decembro de 2014
O próximo luns día 15 ás 11 horas, temos programada unha nova visita á Aula da Ría. Como sempre, aproveitamos para recordar a quen se queira unir que será benvido. Se a climatoloxía o permite, ademais de adentrarnos na cultura mariñeira alí exposta, poderemos visitar os muíños restaurados de Chantada ou o observatorio ornitolóxico.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario