O sendeiro que estamos a promover dende a Aula da Ría percorre a aldea de Chantada e achéganos a paraxes de gran beleza no entorno da ría de Betanzos.
Na
ribeira, a escasos metros do paso da vía do tren que comunica Betanzos
con Ferrol e previo acceso polo arco que vemos na imaxe podemos desfrutar a pe
de ría das marismas que a marea deixa o descuberto.
O
porto de Betanzos xogou un papel de relevancia dende o século XIV ata o XVI
época de máximo esplendor nas peregrinacións marítimas a Santiago de
Compostela, chegando mesmo a competir co porto de A Coruña.
Dende
entón e debido a achega de terra traída polo río Mandeo, a ría foise volvendo
menos profunda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario