Hoxe, 6 de abril, terá lugar a primeira
das actividades programadas este
ano dentro da Campaña de Sensibilización Ambiental
que esta a desenvolver o Concello de Paderne ao abeiro da axudas xestionadas a
través do Grupo de Acción Local de Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, para o
proxecto “Adecuación e rexeneración do Patrimonio Medioambiental e accesos a
zonas marisqueiras” .
As actividades, que se
desenvolverán na Aula da Ría do Concello de Paderne,
están dirixidas os alumnos das escolas de Educación Infantil do Concello,
Areas e Viñas, e os alumnos de Educación primaria, estes últimos,
previamente inscritos para a participación na actividade.
As actividades programadas son:
- OBRADOIRO DE ELABORACIÓN
DE HOTEIS DE INSECTOS
11 de abril: Educación
Primaria
9 de maio: Escola de
Areas
11 de maio: Escola de
Viña
- OBRADOIRO
DE ELABORACION DE REFUXIOS DE FAUNA UTIL
6 de abril. Escola de
Viñas
8 de abril : Escola de
Areas
12 de abril: Educación
Primaria
- SAIDA
FORMATIVA: OBSERVACION DE AVES
13 de abril: Educación
Primaria
2 de maio: Escola de
Areas
4 de maio: Escola de
Viñas
Actividade financiada por:
Ningún comentario:
Publicar un comentario