VISITA AOS BANCOS MARISQUEIROS
O pasado 31 de agosto realizouse unha visita aos bancos marisqueiros da Ribeira de Paderne coa Confraría de Miño á que pertencen os mariscadores dos bancos marisqueiros que se atopan en Paderne.
A traves dela, e coas explicacións da bióloga da confraría de pescadores de Miño, os alumnos de educación primaria coñeceron as especies que se dan nas costas de Paderne, os modos de extracción e as súas características, ademais dos problemas que se detectan e a maneira de combatelos.
Esta actividade forma parte das programadas
este ano dentro da Campaña de Sensibilización
Ambiental que esta a desenvolver o Concello de Paderne ao abeiro da axudas
xestionadas a través do Grupo de Acción Local de Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, para o proxecto “Adecuación e
rexeneración do Patrimonio Medioambiental e accesos a zonas marisqueiras” .
Actividade
financiada por:
Coa colaboración de :
Ningún comentario:
Publicar un comentario