Chegaron os días chuviosos 🌨 e fríos ⛄ propios desta época do ano. Estas datas son as mellores para descubrir o que garda no seu interior a Aula da Ría 🏡. Achegádevos a coñecer a flora e fauna local, así como os antigos oficios que desenvolvían os veciños do concello de Paderne.
A Aula da Ría ten como fin fomentar os valores culturais e naturais asociados á ría de Betanzos, difundir o patrimonio marítimo e a cultura mariñeira e facer partícipes aos veciños dunha infraestrutura municipal que debe consolidarse como lugar de referencia para o coñecemento dos valores patrimoniais, naturais e ambientais do Concello de Paderne.
luns, 29 de novembro de 2021
DÍAS CHUVIOSOS, DÍAS DE COÑECER O QUE OFRECE A AULA DA RÍA
martes, 23 de novembro de 2021
DEDOS DO DEMO
Durante a ruta de sendeirismo do Centro de Interpretación Aula da Ría non é raro atopar un fungo de cor vermello con manchas negras e cun aspecto peculiar, pois caracterízase por amosar entre catro e oito brazos que recordan a tentáculos. Antes de florecer e ter este aspecto, atópase pechado nun ovo de cor branco-rosado.
Este fungo denomínase cientificamente Clathrus Archeri e popularmente “dedos do demo”, “estrela vermella” ou “seta calamar”. Principalmente florece nesta época do ano, no outono🍂, favorecido polo clima húmido, pero tamén comezan a adaptarse a outras épocas do ano como o verán.
![]() |
Clathrus Archeri, principios de novembro de 2021 |
Aínda que cada vez é máis frecuente observalo nas paraxes naturais de Galicia, Cantabria, Asturias, País Vasco, Navarra e en menor medida en Catalunya, este fungo é unha especie invasora de orixe australiano. O "dedos do demo" foi descuberto por primeira vez en Europa no distrito francés de Saint-des-Vosges no 1914. As teorías apuntan que a súa chegada ata aquí foi durante a Primeira Guerra Mundial por medio das esporas fixadas aos cabalos dos soldados australianos e da súa forraxe, ou simplemente nas botas dos soldados.
📍Mapa coa localización dos lugares ónde varias persoas avistaron este fungo (Mapa elaborado por La Vanguardia).
Se queredes aprender máis sobre a flora local e diferenciar a invasora, non dubidedes en visitar a Aula da Ría 🏡. Esperámosvos aquí.
mércores, 17 de novembro de 2021
CAMIÑO INGLÉS. ETAPA 3: MIÑO-BRUMA
A ruta de sendeirismo do Centro de Interpretación Aula da Ría contén numerosas sorpresas. Unha delas está relacionada co Camiño Inglés, pois o itinerario da Aula da Ría comparte un tramo coa ruta de peregrinación xacobea para chegar a Santiago de Compostela. Concretamente, o tramo que vai dende o quilómetro 69,343 ata o 68,191 ⇨.
Km 69,164 do Camiño Inglés |
Todos aqueles que se acheguen á ruta a gozar da natureza e do patrimonio de Chantada e Souto, encontraranse con peregrinos facendo o Camiño Inglés en dirección a Santiago de Compostela. ⇨.
Km 68,191 do Camiño Inglés |