xoves, 21 de outubro de 2021

ATENCIÓN!! ÚLTIMO DÍA PARA INSCRIBIRSE Á CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL

🔔 Hoxe é o último día para inscribirse á charla, "Fomento da biodiversidade asociada á Ría de Betanzos", que se desenvolverá en horario de 17:00-18:30h na Aula da Ría. Esta actividade está dirixida aos cativ@s de primaria e con ela poderán coñecer a problemática das especies invasoras, aportando solucións e boas prácticas.  

Non vos quededes sen a vosa praza. Tod@s aqueles que queiran apuntarse poden facelo por tres medios:

  • Presencialmente no concello de Paderne: Lugar Consistorio, 14, 15314 Paderne, A Coruña
  • Chamando telefonicamente: 981 797 001
  • Correo electrónico: correo@concellodepaderne.com

A actividade está enmarcada dentro da Campaña de Sensibilización Ambiental e ligada ao proxecto “Adecuación e rexeneración do Patrimonio Medioambiental e accesos a zonas marisqueiras”. Esta Campaña é posible grazas ás axudas do Golfo Ártabro Norte, ao que pertence o concello de Paderne, na Resolución da Consellería do Mar do 03 de agosto de 2021.

Esperámosvos na Aula da Ría 🏡

Actividade financiada por:







 


 Coa colaboración do:






Ningún comentario:

Publicar un comentario