luns, 25 de outubro de 2021

COÑECENDO A AULA DA RÍA

O Centro de Interpretación Aula da Ría sitúase na antiga Escola Unitaria da aldea de Chantada, na parroquia de Souto, pertencente ao concello de Paderne (A Coruña). O proxecto de rehabilitación do edificio, iniciado no 2011, foi promovido polo concello de Paderne, ao abeiro dos Plans Estratéxicos Zonais (PEZ) e coas axudas convocadas pola Consellería do Mar no marco do eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca (FEP) 2007-2013.

A Aula da Ría actúa como centro de referencia para todos os veciños e veciñas da zona. Un lugar dende ónde poden coñecer os valores patrimoniais, naturais e ambientais do concello de Paderne e os limítrofes. Ademais, dende a Aula da Ría, os visitantes poden coñecer o patrimonio marítimo e a cultura mariñeira dá Ría de Betanzos.

Centro de Interpretación Aula da Ría

O edificio está composto de dúas plantas. A planta baixa está destinada á divulgación da flora e fauna do concello de Paderne e a Ría de Betanzos 🌲🌼🐟. Concretamente, os visitantes poden coñecer a Ría de Betanzos e como cambiou a súa orografía ao longo dos séculos. Xunto a isto, poden achegarse á fauna que habita na Ría, así como a vexetación común, caso dos xuncos, e outras especies menos abundantes.

Sección da primeira planta da Aula da Ría

A planta superior está dedicada aos antigos oficios que se desenvolvían na zona mediante un gran mostrario de fotografías antigas 📷. Os visitantes poden coñecer o instrumental que os traballadores empregaban no seu día a día, así como se desenvolvía cada un destes oficios 🚣.

Sección da segunda planta da Aula da Ría

Achégate a coñecer a Aula da Ría! 🏡

Ningún comentario:

Publicar un comentario