Amosando publicacións coa etiqueta Horarios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Horarios. Amosar todas as publicacións

venres, 1 de outubro de 2021

¡BOAS NOVAS! APERTURA DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN AULA DA RÍA

Dende o Centro de Interpretación Aula da Ría comunicamos que estaremos abertos dende o 1 de outubro ata o 31 de decembro de 2021. Todo aquel que queira achegarse a coñecer a Aula da Ría, lugar de divulgación da natureza, do patrimonio cultural e dos oficios que se desenvolveron durante anos na súa contorna, poderá facelo de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas.

¡Estaremos encantados de recibilos! 😊

Queremos comezar esta nova andadura compartindo un poema de Josefina Calvo Sánchez sobre “Paderne, Paraíso entre ríos” escrito en marzo de 2010.

O Paraíso entre Ríos é un concello no que todos nós vivimos

e a súa corporación loita pola poboación sen ningunha condición.

O Lambre e o Mandeo ao noso concello rodean

coas augas cristalinas que o arco da Ponte Vella bebe.

¡Canta paz e harmonía se sente a carón dun río,

co ruído das súas augas que chega aos nosos oídos!

Contemplando as súas augas, sentimos moita alegría

e quixemos ser libres como a auga do río.

Se o río dos Caneiros nos puidese falar...

¡cantas cousiñas bonitas, el nos podería contar!

Porque polo río dos Caneiros moita xente sobe e baixa,

por el fanse excursións entre amigos e familiares  
e o Campo dos Caneiros serve para reunións 
e tamén para diversións.

E os fogos artificiais que botan na Ponte Vella

cando rematan os Caneiros é a cousa máis fermosa  
que teñen os betanceiros.

Os paderneses e os dos arredores baixamos á Ponte Vella

para ver aquelas lindas cores 
que parece que da auga nacen belas flores.

E as barquiñas todas engalanadas con rosas e caraveis,

con lazos e candeeiros ata as doce da noite, 
a xente nelas ceando sen présa para marchar 
e pensando no ano que vén
para alí volverse encontrar.

Aínda que tamén o Río dos Caneiros nos deu algún desgusto,

porque nel algunha xente a súa vida perdeu.  
Por iso agora puxeron máis protección 
para que a xente teña máis precaución.

(Referencia: Calvo Sánchez, J. (2014). Memorias e Anécdotas. Páxinas 21-22)

 

mércores, 10 de outubro de 2018

NOVO PERÍODO DE APERTURA "AULA DA RÍA" setembro - decembro 2018

O Centro de Interpretación Aula da Ría de Paderne permanecerá aberto ao público de luns a venres de 8:30 a 14 :30 ata o 9/12/2018 para todo aquel que quera achegarse. Para visitas fora deste horario podes contactar no teléfono do concello (981 79 70 01).

Estamos organizando e deseñando varios proxectos dos que moi cedo teredes máis novas...

Mentres tanto compartimos este vídeo onde ver unha pequena parte de todo o que Paderne pode ofrecer

Video Concello de Paderne

martes, 7 de febreiro de 2017

HORARIO DE APERTURA (2017)




O Concello de Paderne informa a todos os interesados que o  horario de apertura da Aula da Ría será o seguinte:

Luns a Venres  de 8.30h  a 14.30h

Así mesmo, facilitamosvos información sobre os museos e demais centros de interpretación da Provincia da Coruña no seguinte enlace: