Dende o Centro de
Interpretación Aula da Ría comunicamos que estaremos abertos dende o 1 de
outubro ata o 31 de decembro de 2021. Todo aquel que queira achegarse a coñecer
a Aula da Ría, lugar de divulgación da natureza, do patrimonio cultural e dos oficios que se desenvolveron
durante anos na súa contorna, poderá facelo de luns a venres de 8:30 a 14:30
horas.
¡Estaremos encantados de recibilos! 😊
Queremos comezar
esta nova andadura compartindo un poema de Josefina Calvo Sánchez sobre “Paderne,
Paraíso entre ríos” escrito en marzo de 2010.
O Paraíso entre Ríos é un
concello no que todos nós vivimos
e a súa corporación loita
pola poboación sen ningunha condición.
O Lambre e o Mandeo ao noso
concello rodean
coas augas cristalinas que o
arco da Ponte Vella bebe.
¡Canta paz e harmonía se
sente a carón dun río,
co ruído das súas augas que
chega aos nosos oídos!
Contemplando as súas augas,
sentimos moita alegría
e quixemos ser libres como a
auga do río.
Se o río dos Caneiros nos
puidese falar...
¡cantas cousiñas bonitas, el
nos podería contar!
Porque polo río dos Caneiros
moita xente sobe e baixa,
por el fanse excursións
entre amigos e familiares
e o Campo dos Caneiros serve
para reunións
e tamén para diversións.
E os fogos artificiais que
botan na Ponte Vella
cando rematan os Caneiros é
a cousa máis fermosa
que teñen os betanceiros.
Os paderneses e os dos
arredores baixamos á Ponte Vella
para ver aquelas lindas
cores
que parece que da auga nacen
belas flores.
E as barquiñas todas
engalanadas con rosas e caraveis,
con lazos e candeeiros ata
as doce da noite,
a xente nelas ceando sen
présa para marchar
e pensando no ano que vén
para alí volverse encontrar.
Aínda que tamén o Río dos
Caneiros nos deu algún desgusto,
porque nel algunha xente a
súa vida perdeu.
Por iso agora puxeron máis
protección
para que a xente teña máis
precaución.
(Referencia: Calvo Sánchez,
J. (2014). Memorias e Anécdotas. Páxinas 21-22)