Na ruta de sendeirismo Aula da Ría encontramos un túnel baixo a vía de ferrocarril que nos leva a observar unhas fermosas vistas da ribeira de Chantada coa fauna e flora que habita neste lugar, e tamén, ver a ponte do Pedrido.
A vía de ferrocarril entre Betanzos e Ferrol inaugurouse no ano 1913🚂. Esta infraestrutura supuxo un gran progreso para os pobos polos cales pasaba o trazado, caso do tramo que discorre pola aldea de Chantada (Paderne) e que se pode observar durante a ruta de sendeirismo da Aula da Ría.
Túnel baixo a vía do ferrocarril que une Betanzos e Ferrol. |
A xente estaba moi ilusionada coa construción da ponte do Pedrido, pois supuña unha gran innovación que facilitaría o tránsito de persoas as dúas beiras da ría de Betanzos. Tanto é así, que lle dedicaron uns versos (Concello de Paderne 2011: 61).
Hermosa villa de Insua,
Ribeira de Chantada. En primeiro termo temos a AP-9, e tras esta, ao fondo, podemos ver a Ponte do Pedrido deseñada por Eduardo Torroja Miret e inaugurada no ano 1943. |
📚 Bibliografía:
- Concello de Paderne (2011). Paderne, unha mirada ó pasado. A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, Concello de Paderne.
Ningún comentario:
Publicar un comentario