Amosando publicacións coa etiqueta Senderismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Senderismo. Amosar todas as publicacións

mércores, 14 de novembro de 2018

A PEGADA MARIÑEIRA NA ALDEA DE CHANTADA




No núcleo da aldea de Chantada, atopamos varias casas de tipo mariñán. Adoitan ser pequenas casas de dúas plantas con teito a dúas augas onde a cor azul dos marcos das fiestras e da porta contrastan co branco das paredes. Esta casa segue a  tipoloxía das casas de pescadores con balcón balaustrado na primeira planta, o que fai constar a importancia que tiña o marisqueo na ribeira da ría para esta aldea e a de Souto. 

martes, 30 de outubro de 2018

RUTA DE SENDERISMO CENTRO DE INTERPRETACIÓN AULA DA RÍA E ENTORNO

Mapa da Ruta de Senderismo do Centro de Interpretación Aula da Ría e entorno

Como xa adiantabamos hai un par de semanas, desde mediados de setembro o Centro de Interpretación Aula da Ría de Paderne estivo a traballar na elaboración dunha ruta de senderismo no entorno na Aula da Ría para poñer en valor parte do patrimonio cultural e natural do Concello de Paderne. 

Aquí deixamos una pequena descrición, os datos básicos sobre a ruta de senderismo e varios enlaces onde poder seguila e ler a explicación ou curiosidades dos puntos de interese. 

- DESCRICIÓN: 

Esta ruta de senderismo promovida polo Centro de Interpretación Aula da Ría de Paderne e polo Concello de Paderne, pretende ser un recurso para as persoas interesadas en coñecer o patrimonio natural e cultural do entorno do Centro de Interpretación Aula da Ría. Nestes 8 km descubriremos a tradición mariñeira e mariscadora que faise patente nas casas de tipo mariñán do pobo de Chantada e as embarcacións típicas utilizadas para estes oficios que atopan na Ribeira de Chantada. Por outra banda, entenderemos a relación que o pobo tiña coa agricultura, por medio das terras de semente, muíños e hórreos onde se recollían os cereais para despois moelos e almacenalos; e coa gandaría, onde destaca O Potro ou Punto de Inseminación para o gando. Tamén, disfrutaremos da natureza, da fauna e da flora das marismas da ría de Betanzos, un espazo protexido pola importancia do seu ecosistema onde destaca o Oberservatorio Ornitolóxico de Souto; e de un tramo da 3 Etapa do Camiño de Santiago Inglés cunha vista panorámica da ría de Betanzos. 

- DATOS DE INTERESE: 
  
Tipo de ruta: circular                                               
Distancia: 7,71 km                                                 
Dificultade: Moderada  
Desnivel: 257 m                                                 
Altitude máxima: 142 m                                            
Altitude mínima: -5 m
Tempo aproximado: 1 h 45 mins

- ENLACES: 

Google Maps:  

Wikiloc: 

Animádevos a facer a ruta e a comentar as vosas impresións neste blog!!