Amosando publicacións coa etiqueta ría de Betanzos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ría de Betanzos. Amosar todas as publicacións

martes, 30 de outubro de 2018

RUTA DE SENDERISMO CENTRO DE INTERPRETACIÓN AULA DA RÍA E ENTORNO

Mapa da Ruta de Senderismo do Centro de Interpretación Aula da Ría e entorno

Como xa adiantabamos hai un par de semanas, desde mediados de setembro o Centro de Interpretación Aula da Ría de Paderne estivo a traballar na elaboración dunha ruta de senderismo no entorno na Aula da Ría para poñer en valor parte do patrimonio cultural e natural do Concello de Paderne. 

Aquí deixamos una pequena descrición, os datos básicos sobre a ruta de senderismo e varios enlaces onde poder seguila e ler a explicación ou curiosidades dos puntos de interese. 

- DESCRICIÓN: 

Esta ruta de senderismo promovida polo Centro de Interpretación Aula da Ría de Paderne e polo Concello de Paderne, pretende ser un recurso para as persoas interesadas en coñecer o patrimonio natural e cultural do entorno do Centro de Interpretación Aula da Ría. Nestes 8 km descubriremos a tradición mariñeira e mariscadora que faise patente nas casas de tipo mariñán do pobo de Chantada e as embarcacións típicas utilizadas para estes oficios que atopan na Ribeira de Chantada. Por outra banda, entenderemos a relación que o pobo tiña coa agricultura, por medio das terras de semente, muíños e hórreos onde se recollían os cereais para despois moelos e almacenalos; e coa gandaría, onde destaca O Potro ou Punto de Inseminación para o gando. Tamén, disfrutaremos da natureza, da fauna e da flora das marismas da ría de Betanzos, un espazo protexido pola importancia do seu ecosistema onde destaca o Oberservatorio Ornitolóxico de Souto; e de un tramo da 3 Etapa do Camiño de Santiago Inglés cunha vista panorámica da ría de Betanzos. 

- DATOS DE INTERESE: 
  
Tipo de ruta: circular                                               
Distancia: 7,71 km                                                 
Dificultade: Moderada  
Desnivel: 257 m                                                 
Altitude máxima: 142 m                                            
Altitude mínima: -5 m
Tempo aproximado: 1 h 45 mins

- ENLACES: 

Google Maps:  

Wikiloc: 

Animádevos a facer a ruta e a comentar as vosas impresións neste blog!!

mércores, 24 de outubro de 2018

DESCUBRE UN DOS SEGREDOS DE PADERNE



O Observatorio Ornitolóxico de Souto levouse a cabo dentro do Proxecto Mandeo pola importancia da ría e do seu ecosistema procedeuse á inclusión na Rede Natura 2000 como LIC Betanzos-Mandeo cunha superficie de 864,58 Ha. que abarca os concellos de Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Irixoa, Miño, Paderne e Oza dos Ríos. O refuxio é unha construción de madeira ao pé da ría perfectamente integrada no entorno desde onde contemplaremos a riqueza ornitolóxica que se agocha nas marismas e que se alimenta dos abundantes limos que se acumulan nas beiras da ría. 


CONSELLO: Os mellores momentos para visitar este recurso natural é entre os meses de agosto e decembro e entre xaneiro e marzo xa que e cando as aves realizan un descanso dos seus longos percorridos na Ría de Betanzos. 

martes, 16 de outubro de 2018

SEGUIMOS TRABALLANDO...

Un dos porxectos nos que estamos a traballar é na elaboración dunha ruta de senderismo ao redor da Aula da Ría para poñer en valor o patrimonio cultural e natural que podemos atopar na súa contorna.

Dentro de pouco subiremos unha entrada detallando toda a información acompañada dun mapa, xa que a idea e que sexa unha ruta autoguiada.

Esta vista da Ría de Betanzos dende o paso do Camiño Inglés polo Concello de Paderne é unha das paorámicas que atoparemos na ruta de senderismo.


Para máis informaicón lembrade que o Centro de Interpretación da Aula da Ría está aberto de lúns a venres en horario de 8:30 a 14:30 para calqueira consulta. 

Ata pronto!!!