mércores, 15 de marzo de 2017

RIBEIRA DE CHANTADA


O sendeiro que estamos a promover dende a Aula da Ría percorre a aldea de Chantada e achéganos a paraxes de gran beleza no entorno da ría de Betanzos. 

Na ribeira, a escasos metros do paso da vía do tren  que comunica Betanzos con Ferrol e previo acceso polo arco que vemos na imaxe podemos desfrutar a pe de ría das marismas que a marea deixa o descuberto.

O porto de Betanzos xogou un papel de relevancia dende o século XIV ata o XVI época de máximo esplendor nas peregrinacións marítimas a Santiago  de Compostela, chegando mesmo a competir co porto de A Coruña.
Dende entón e debido a achega de terra traída polo río Mandeo, a ría foise volvendo menos profunda.



martes, 7 de febreiro de 2017

HORARIO DE APERTURA (2017)




O Concello de Paderne informa a todos os interesados que o  horario de apertura da Aula da Ría será o seguinte:

Luns a Venres  de 8.30h  a 14.30h

Así mesmo, facilitamosvos información sobre os museos e demais centros de interpretación da Provincia da Coruña no seguinte enlace:








venres, 14 de agosto de 2015

A PONTE DO PEDRIDO


Ata ben chegado o século XX a conexión entre as beiras da ría (Bergondo - Paderne) debía realizarse en un bote para pasaxeiros ou un batel no caso de querer mover mercadorías, método de transporte rudimentario que facía realmente complicadas as comunicacións ó exterior para os veciños de San Pantaleón das Viñas (os cales nos días de mercado en Sada transportaban os produtos nunha barcaza, previo pago do imposto correspondente).

A  construción da ponte que podemos observar na imaxe sitúase entre o 1939 e 1942, obra do enxeñeiro Eduardo Torroja (os intentos anteriores remataron fracasando polo estalido da guerra civil).

A monumentalidade do arco central confire un aspecto de grandeza á edificación dende onde se poden observar unhas excelentes panorámicas da ría.

Fuente: http://www.concellodepaderne.com/ Concello de Paderne
             http://www.turgalicia.es/ Ponte do Pedrido