luns, 21 de outubro de 2024

DESGUSTACIÓN DE MARISCOS NA RIA NO PARQUE INFANTIL MARIÑEIRO

O xoves 17, a Escola de Viñas acolleu a degustación que se inclúe dentro do proxecto “Recuperación da cultura mariñeira”, que ten como finalidade a recuperación a cultura mariñeira no Concello de Paderne e a súa posta en valor entre a poboación infantil.

No acto estiveron presentes, ademais de membros do equipo de goberno, o patrón maior da Confraría de Miño e presidente do Golfo Ártabro, José Antonio Anido Núñez, así como os patróns maiores anteriores, José Manuel Fernández Lage e María José Crespo Fraga. Tamén acudiron a xerente do GALP, Tamara Tilve Chan e a bióloga, Maite Fernández.

Os pequenos e pequenas, acompañados e acompañadas por familiares e veciños e veciñas, non só desfrutaron do seu parque mariñeiro, senón que gozaron cos produtos típicos da ría.

 

A actividade esta cofinanciada pola Unión Europea ao abeiro das axudas da Consellería do Mar xestionadas a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte.

Actividade financiada por: 




      

 

martes, 9 de xullo de 2024

 

POSTA EN VALOR DE PRODUTOS DA RÍA DE BETANZOS

O Concello de Paderne celebrou o pasado 29 de xuño de 2024 a Feira GrastroLexítimo en Esperela. A  Feira,  que serve para por en valor produtos da terra, de innegable calidade, a gastronomía tradicional e tamén para ser unha fonte de dinamismo económico para o Concello de Paderne, contou coa presenza de adegas,  restaurantes e  empresas de produtos locais.

Entre as actividades da Feira realizouse un obradoiro de cociña coa colaboración da Confraría de Pescadores de Miño. O obradoiro consistiu na presentación da ostra xaponesa que se pode atopar na Ría de Betanzos, por parte da súa bióloga, para proceder a continuación coa elaboración de empanada con esta especie de ostra e posterior degustación.


A actividade  forma parte do proxecto Posta en valor de produtos da Ría de Betanzos para o cal, o Concello de Paderne,  solicitou o cofinanciamento da Unión Europea ao abeiro das axudas da Conselleira do Mar xestionadas a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte.

Actividade financiada por:






martes, 11 de xuño de 2024

 

O TRABALLO DO MARISCADOR

O Concello de Paderne celebrou o 5 de xuño a xornada “ O traballo do mariscador”, continuando coas actividades programadas dentro das Xornadas de recuperación da cultura mariñeira que esta a desenvolver o Concello de Paderne ao abeiro das axudas da Conselleria do Mar, xestionadas a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, para o proxecto “Recuperación da cultura mariñeira”.



A finalidade do proxecto é a recuperación da cultura mariñeira no Concello de Paderne e a súa posta en valor entre a poboación infantil das escolas de educación infantil do Concello. Nesta xornada, os nenos e nenas das Escolas de Educación Infantil  de Areas e Viñas, visitaron os bancos marisqueiros da Confraría de Pescadores de Miño, acompañados polo seu  patrón maior e a súa bióloga,   quenes amosaron ós nenos e nenas das escolas o traballo in situ do mariscador, a forma de extraer o marisco así como as  especies   que extraen.



A actividade esta cofinanciada pola Unión Europea ao abeiro das axudas da Conselleira do Mar xestionadas a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte.

Actividade financiada por:






















      

 

martes, 19 de decembro de 2023

MARISCOS DA RIA

Hoxe, 19 de decembro, tivo lugar a primeira das actividades programadas  dentro  das Xornadas de recuperación da cultura mariñeira que  está a desenvolver o Concello de Paderne ao abeiro das axudas da Consellería do Mar, xestionadas a través do Grupo de Acción Local de Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, para o proxecto “Recuperación da cultura mariñeira.” .

A finalidade do proxecto é a recuperación da cultura mariñeira no Concello de Paderne e a súa posta en valor entre a poboación infantil das escolas de educación infantil do Concello. Neste senso,  e baixo o título “Mariscos da Ria de Paderne” a Confraría de Pescadores de Miño, por medio do seu patrón maior e a súa bióloga, amosaron os nenos das escolas de educación infantil de Viñas e Areas o traballo de mariscador e mariscadora así como os produtos da Ría de Betanzos.

A actividade esta cofinanciada pola Unión Europea ao abeiro das axudas da Conselleira do Mar xestionadas a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte.






Actividade financiada por:








luns, 5 de setembro de 2022

 VISITA AOS BANCOS MARISQUEIROS

O pasado 31 de agosto realizouse unha visita aos bancos marisqueiros da Ribeira de Paderne coa  Confraría de Miño á que pertencen os mariscadores dos bancos marisqueiros que se atopan en Paderne.

A traves dela, e coas explicacións da bióloga da confraría de pescadores de Miño, os alumnos de educación primaria coñeceron as especies que se dan nas costas de Paderne, os modos de extracción e as súas características, ademais dos problemas que se detectan e a maneira de combatelos. 





Esta  actividade forma parte das programadas  este ano   dentro  da Campaña de Sensibilización Ambiental que esta a desenvolver o Concello de Paderne ao abeiro da axudas xestionadas a través do Grupo de Acción Local de Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, para o proxecto “Adecuación e rexeneración do Patrimonio Medioambiental e accesos a zonas marisqueiras” .

 

Actividade financiada por:





Coa colaboración de :




mércores, 20 de abril de 2022

 


ACTIVIDADES NA AULA DA RÍA  

Entre os días 11 e 13 de abril desenvolvéronse cos alumnos de Educación primaria unha serie de actividades na Aula da Ría. 

Estas  actividades forman parte das programadas  este ano   dentro  da Campaña de Sensibilización Ambiental que esta a desenvolver o Concello de Paderne ao abeiro da axudas xestionadas a través do Grupo de Acción Local de Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte para o  proxecto “Adecuación e rexeneración do Patrimonio Medioambiental e accesos a zonas marisqueiras” .

 

Obradoiro de elaboración de hoteis de insectos

 

Obradoiro de elaboración de refuxios de fauna útil


Saída formativa: observación de aves

 

Actividade financiada por:






Coa colaboración de :


 

 

 

mércores, 6 de abril de 2022

ACTIVIDADES NA AULA DA RÍA

 


Hoxe, 6 de abril, terá lugar a primeira das actividades programadas  este ano   dentro  da Campaña de Sensibilización Ambiental que esta a desenvolver o Concello de Paderne ao abeiro da axudas xestionadas a través do Grupo de Acción Local de Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, para o proxecto “Adecuación e rexeneración do Patrimonio Medioambiental e accesos a zonas marisqueiras” .

As actividades,  que se desenvolverán  na Aula da Ría do Concello de Paderne,   están dirixidas os alumnos das escolas de Educación Infantil do Concello, Areas e Viñas, e os alumnos de Educación  primaria, estes últimos, previamente inscritos para a participación na actividade.

As actividades programadas son:

-          OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE HOTEIS DE INSECTOS

11 de abril: Educación Primaria

9 de maio: Escola de Areas

11 de maio: Escola de Viña

 

-          OBRADOIRO DE ELABORACION DE REFUXIOS DE FAUNA UTIL

6 de abril. Escola de Viñas

8 de abril : Escola de Areas

12 de abril: Educación Primaria

 

-          SAIDA FORMATIVA: OBSERVACION DE AVES

13 de abril: Educación Primaria

2 de maio: Escola de Areas

4 de maio: Escola de Viñas

 

Actividade financiada por:

 




xoves, 23 de decembro de 2021

A LENDA DE ROXÍN ROXAL E O ESCUDO DO CONCELLO DE PADERNE

O concello de Paderne está cheo de historia. Unha desas historias está relacionada coa Ponte do Porco, situada a 6 quilómetros da Aula da Ría.

A liñaxe dos Andrade marca a historia do concello de Paderne, tal é como queda reflectido no escudo municipal. Neste aparece representada unha ponte cun porco bravo no medio e a cada extremo unha cuncha de vieira, símbolo de peregrinos, que fai referencia ao paso do Camiño Inglés de Santiago por Paderne.

Escudo do concello de Paderne

Fernán Pérez de Andrade “O Bo”, mandou construír unha ponte sobre o río Lambre para establecer boas comunicacións entre Pontedeume e Betanzos no século XIV. Nesta ponte é onde probablemente ocorreu a lenda de Roxín Roxal, a cal lle deu o nome de Ponte do Porco. Ademais, o nome fai referencia ao xabaril que simboliza a casa dos Andrade.

Ponte do Porco en Miño por Manuel Abelenda. Ano 1930.

A lenda cóntannos que Don Nuno Freire de Andrade, señor de Pontedeume, tiña ao seu servizo un doncel ao que chamaban Roxín Roxal. Don Nuno tiña en moi boa consideración a este mozo, a quen lle regalou un puñal de prata para que defendera con el aos seus señores. Roxín Roxal estaba namorado da fermosa filla de Don Nuno, chamada Teresa, pola cal era correspondido. Non obstante, por orde de seu pai, a nobre dama tivo que casar co señor Osorio, Don Enrique.

Un día, o Señor Osorio levou a súa muller á caza dun xabaril que estaba a facer estragos nas colleitas do campesiños de Andrade. O recente matrimonio atopou o porco bravo na ponte do Lambre e o Señor Osorio feriu ao enorme animal, pero non lle deu morte. O porco bravo ferido, encarouse contra el e a súa dona. O xabaril correu cara a parella, Don Enrique saltou ao río pola ponte, pero Teresa  quedou alí e o porco bravo bateu contra ela matándoa.

No día do enterro da dama, sobre a ponte apareceu morto o xabaril co puñal de prata, que o señor Andrade lle regalara a Roxín Roxal, cravado no corazón. Dende entón esta ponte é coñecida como Ponte do Porco.

Escultura do xabaril co puñal cravado xunto á Ponte do Porco
📚 Bibliografía:

luns, 20 de decembro de 2021

EXCURSIONISTAS GOZANDO DA AULA DA RÍA E A SÚA CONTORNA

A semana pasada recibimos a varios excursionistas que estaban coñecendo o norte de Galicia. Estes visitaron a Aula da Ría e realizaron a ruta dos Muíños de Chantada mentres gozaban do bo tempo que os acompañaba.

Á esquerda: excursionistas no interior da Aula da Ría. Á dereita: excursionistas no conxunto de Muíños de Guende.

Todos aqueles que queirades coñecer o noso patrimonio histórico e natural, non dubidedes en achegarvos ata a Aula da Ría 🏡.

venres, 17 de decembro de 2021

O SOL DO INVERNO

Este fin de semana continúa o bo tempo 🌞. Todos aqueles que queirades gozar da natureza, non dubidedes en acudir á Ruta de Sendeirismo da Aula da Ría. Nesta ruta poderedes ver a fauna e a flora local, ademais do patrimonio cultural que agocha o concello de Paderne.

O sol penetrando entre as árbores durante un tramo da ruta.

Nos mapas interactivos podedes ver por ónde discorre a ruta e, tamén, tedes sinalados os puntos de interese e unha explicación sobre cada un deles.

📍Google Maps:  

 📍Wikiloc:

Powered by Wikiloc

martes, 14 de decembro de 2021

RUTA DOS MUÍÑOS

A 350 metros do Centro de Interpretación Aula da Ría podemos gozar da Ruta dos Muíños de Chantada. Dita ruta está incluída no itinerario da Aula da Ría.

Sinalización

Varios son os muíños que podemos observar durante a ruta. Hoxe queremos falarvos do Muíño de Castelos que, xunto a fonte e o  lavadoiro que están ao seu carón, forma un conxunto arquitectónico precioso no que parar a descansar e escoitar o paso da auga do río. Estas tres estruturas foron rehabilitadas polo obradoiro de emprego “Paderne”, promovido polo concello de Paderne e subvencionado pola consellería de traballo e fondo social europeo en 2008.

No Muíño de Castelos podemos ver a maquinaria completa dun dos muíños de canle. A auga do río entraba con velocidade pola canle e impulsaba con forza o rodicio, unha roda de aspas que movía a moa do muíño. O cereal depositábase na moega e o muiñeiro era quen regulaba a cantidade de gran que quería moer. 

Muíño de Castelos rehabilitado. Pódese acceder ao seu interior e ver a moega

Dito popular sobre os muíños (Concello de Paderne 2011: 82):

Unha noite no muíño,
unha noite non é nada, 
unha semaniña enteira,
esa si que é muiñada!

A fonte, ao carón do Muíño, servía para abastecer de auga á aldea de Chantada. O lavadoiro era empregado polas mulleres para lavala roupa, que moitas veces deixaban a secar ao sol nas leiras dos arredores amosando unha paisaxe peculiar.

Lavadoiro e fonte

No seu día, os muíños, a fonte e o lavadoiro foron lugares de reunión de veciños e mesmo puntos de encontro para os mozos e mozas da parroquia.

Qué mellor forma de gozar do tempo solleiro que temos esta semana que pasear polos muíños e achegarse a Aula da Ría 🏡.

📚 Bibliografía

  • Concello de Paderne (2011). Paderne, unha mirada ó pasado. A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, Concello de Paderne.